Thursday 02 de May de 2024

Espectáculo infantil de danzacontos, o domingo na Fábrica


Xa está aberta a inscrición para a actividade Danzacontos: A pinga pingona. O espectáculo, dirixido a familias con nenas e nenos de 1 a 4 anos, será o vindeiro domingo 22 de outubro, na Fábrica.

A través dun conto exploraranse diferentes movementos e ritmos, integrando movemento e lingua, explorando palabras, vivindo a historia mediante o noso corpo. Nesta historia unha espelida pinga de auga da chuvia chamada Pingona, fai unha parada no seu camiño desde as nubes ao mar, para axudar o Polbo Xan, na procura de algo moi especial por mar e terra. Acompañaremos estes amigos ao longo dunha fermosa historia de empatía, escoita, comprensión e amizade, mentres exploramos elementos do mar, o ceo, a terra e o ciclo da auga. Sendo mar ou chuvia, enchéndonos das cores do arco da vella, converténdonos en animais e bosques, respirando, bailando e trotando, descubriremos un fermoso amor sen
fronteiras.

INSCRICIÓN SESIÓN 11:00 H: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/808547

INSCRICIÓN SESIÓN 12:15 H: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/809326

O espectáculo ten unha duración de 50 minutos